Quen Somos

LABAÑOU SOLIDARIA é unha ONG de cooperación internacional ao desenvolvemento. Promove unha mellora nas condicións sanitarias, educativas, produtivas e sociais da poboación. É unha organización non gobernamental, independente, de carácter non lucrativo, aconfesional, con perspectiva de xénero, que traballa pola solidariedade dos pobos.

LABAÑOU SOLIDARIA nace no barrio de Labañou (A Coruña) para promover un irmanamento entre os cidadáns de Labañou e Vilcabamba, un distrito de extrema pobreza localizado na serra andina do Perú.

LABAÑOU SOLIDARIA é un instrumento para a cooperación nas dúas direccións: para a cooperación directa ao desenvolvemento sostible en Vilcabamba e para a implicación da poboación na educación para a paz e a solidariedade das persoas dun barrio deste lado do Atlántico.

LABAÑOU SOLIDARIA é unha organización que promove a participación directa nunha actividade de cooperación ao desenvolvemento concreta, sen intermediación de ningún tipo e onde a xente beneficiada teñen un nome e un rostro visible: a poboación de VILCABAMBA.

LABAÑOU SOLIDARIA conta, sobre o terreo cun ou dous profesionais nativos, que traballan o día a día das actividades e proxectos que realiza a ONG coa poboación e as Institucións de Vilcabamba.

Un ou dous meses ao ano un equipo de profesionais socio sanitarios desprázase a Vilcabamba a desenvolver accións directas e a facer o turismo dos distintos proxectos de saúde, de educación, agropecuarios, microcréditos, turismo comunitario, etc. Cando os proxectos o requiren, mantense sobre o terreo a persoal expatriado da ONG durante varios meses.

LABAÑOU SOLIDARIA conta cunha casa (Casa Labañou) na praza principal da localidade de Pucyura, de uso comunitario para as capacitacións e promoción das organizacións locais. Actualmente, tamén para a información e promoción do turismo vivencial e de aventura.

LABAÑOU SOLIDARIA finánciase coas contribucións das socias e socios, e coas actividades que o barrio de Labañou e outros amigos da zona realizan. Nestas actividades participan distintas asociacións do barrio (AA.VV, Ludoteca, parroquia, asociacións deportivas, asociacións de inmigrantes...).

LABAÑOU SOLIDARIA conta coa colaboración de institucións como o SERGAS, a Xunta de Galicia, o Fondo Galego de Cooperación, o Concello da Coruña ou a Deputación. Algunhas empresas, laboratorios farmacéuticos, pequenos negocios e persoas a título individual, tamén contribúen ao proxecto coas súas achegas.

LABAÑOU SOLIDARIA está aberta a calquera tipo de colaboración cidadá. Entre outras, existe a posibilidade de facerse socio, para participar neste proxecto.

Estamos os mércores ás 20.00 h. no local social de AA.VV. de Labañou, R/Nosa Sra. Do Perpetuo Socorro, 13, baixo. 15011-ACoruña

Tamén podes localizarnos por medio de:

  • Centro de Servizos Sociais de Labañou, oficina do Plan Comunitario. Preguntar por Almudena (Tel 981 277 092).
  • Centro de Saúde de Labañou. Preguntar polo Dr. Luis Astray (Tel 981 268 384).