11/11/2015
ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DE LABAÑOU SOLIDARIA   MARTES 24 DE NOVEMBRO ás 19:30 en primeira convocatoria e 20:00 en segunda convocatoria.   ORDE DO DIA : Informe sobre conclusión dos ...
25/06/2012
Outro ano máis celebrarase a tan esperada XI Sardiñada Solidaria en Labañou coa colaboración da Asociación de Veciños de Labañou. Terá lugar na zona das vivendas do Carmen, detrás do Centro de Saúde o ...
29/03/2012
Estamos a facer unha enquisa online sobre as motivacións para consumir produtos de Comercio Xusto, se queres botar unha mán e darnos a túa opinión para mellorar a nosa estratexia de cara ao Comercio ...

XI Sardiñada Solidaria en Labañou

Sardiñada 2012Outro ano máis celebrarase a tan esperada XI Sardiñada Solidaria en Labañou coa colaboración da Asociación de Veciños de Labañou.

Terá lugar na zona das vivendas do Carmen, detrás do Centro de Saúde o sábado 7 de Xullo a partir das 20:00 hrs. e como sempre estará amenizada con música e baile.

Alí poderemos degustar unhas saborosas sardiñas, cachelos e pan de broa regado con bo viño. Este ano ademais teremos mercadiño solidario no que pondremos á venda roupa de segunda man doada polas nosas persoas colaboradoras e simpatizantes a prezos de crise (1, 2 e 3 euriños) para recadar fondos para os nosos proxectos, así que se crees na reutilización, reciclaxe, e tes ganas de pasar unha boa tarde en compaña de xente que quere un mundo mellor xa sabes onde atoparnos!!

e lembra o 7 de Xullo a encher de sardiñas o bandullo